Monthly Archives noviembre 2016

A FUNDACION SINDICAL EDELMIRO OTERO CALVO Convoca: “ Premio Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo 2016”

BASES:   1.- Poderán concorrer tódolos grupos de investigación e investigadores das Universidades Galegas e persoas en xeral, residentes en Galicia.   2.- Os traballos non poderán estar sustentados economicamente por empresas ou institucións privadas ou públicas, e  versarán sobre un tema  relacionado con: Desenvolvemento, afondamento e divulgación dos valores do Sindicalismo. Estudo e investigación da Actividade Sindical en Galicia. Estudos Sociais, Laborais, Económicos, Xurídicos que investiguen na mellora das condicións laborais en Galicia. Investigación en temas laborais, económicos, sociais que afecten o interese galego   3.- O premio dótase con CINCO MIL euros ( 5.000 euros ). Será único e indivisible, podéndose outorgar a un traballo realizado de forma individual ou en equipo. Estará suxeito as vixentes retencións fiscais.   4.- Os participantes deberán responder da autoría, orixinalidade e carácter inédito do traballo presentado, asumindo as responsabilidades que procedan se, na súa elaboración, vulnéranse os dereitos de propiedade intelectual
Read More