ESTATUTOS
FUNDACION SINDICAL EDELMIRO OTERO CALVO
TITULO I
Artigo 1.- CONSTITUCION
A Corriente Sindical Gallega de Energía ( CSGE ) crea unha Fundación Sindical que se denominará FUNDACION SINDICAL EDELMIRO OTERO CALVO , de fins xerais de interese galego, e que se constitúe por tempo indefinido.
Artigo 2.- REXIME DA FUNDACION
A Fundación EDELMIRO OTERO CALVO rexerase pola Lei 7/1.983 do 23 de xuño, de réxime das Fundacións de Interese Galego, a Lei 11/1.991 de 8 de Novembro, que reforma a Lei anterior, polo Regulamento que as desenrola aprobado polo Decreto 248/1.992 de 18 de xuño, polos presentes Estatutos e demais disposicións legais aplicables.
Artigo 3 .- FINS DA FUNDACION
Son fins da Fundación os seguintes:
- a) Desenrolo, afondamento e divulgación dos valores do Sindicalismo e moi en especial do movemento sindical galego, promovendo a o efecto a realización de conferencias, cursos, coloquios, publicacións e calesquera outras accións que contribuían directa ou indirectamente a o fortalecemento da cultura sindical en Galicia e a elevación do nivel das persoas integrantes do movemento sindical.
- b) Contribución o estudio e investigación da Actividade Sindical en Galicia
- c) Colaborar na realización de Estudos Sociais, Laborais , Económicos, Xurídicos, etc. que investiguen a mellora das condicións laborais en Galicia.
- d) Fomentar e promover a investigación de temas laborais, económicos, sociais que afecten o intres galego.
- e) Concesión de Becas á especializacion de estudos nos campos da Economía, Dereito,Socioloxía e todos aqueles que contribúan a mellorar as condicións de vida dos traballadores .
- f) Calesquera outros fins que o Padroado considere de interese.
Artigo 4.- PERSONALIDADE XURIDICA
A Fundación ten personalidade xurídica propia e capacidade de obrar con absoluta autonomía e, polo tanto sen prexuízo das pertinentes autorizacións do Protectorado, con carácter enunciativo e non limitativo pode:
- a) Adquirir, posuír, administrar, enaxenar, permutar, gravar e , en xeral, transformar e converter libremente bens e dereitos de tódalas clases.
- b) Celebrar todo xénero de actos e contratos; concretar operación crediticias; renunciar e transixir bens e dereitos.
- c) Así como promover, oporse, seguir e desistir os procedementos que fosen oportunos e exercitar libremente toda clase de dereitos, accións e excepcións ante os Xulgados e Tribunais de calquera clase, Órganos e dependencias das Administracións Públicas e demais Corporacións, organizacións e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado, sexan nacionais ou estranxeiras.
Artigo 5.- DOMICILIO SOCIAL
A Fundación terá o seu domicilio na rúa Gregorio Espino, 47 – Entrechán, 36205 – Vigo, Federación de Enerxía e Químicas. O Padroado ten facultades para cambialo posteriormente, coa obriga de poñelo en coñecemento do Protectorado, ao obxecto da súa inscrición no Rexistro de Fundacións.
Artigo 6.- AMBETO DE ACTUACION
En especial o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e en xeral todo o territorio do Estado Español.
Artigo 7.- DURACION
A duración da Fundación será indefinida, agás o recollido nos artigos 28 e 29. Dará comezo a súas actividades a partires da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
Artigo 8.- BENEFICIARIOS
Poderán selo as persoas físicas, calquera que sexa a súa raza, sexo ou circunstancia persoal, ou grupo delas que se presenten as convocatorias que promova a Fundación en calquera campo.
Artigo 9.- PUBLICIDADE DAS ACTIVIDADES
A Fundación dará publicidade do seu obxecto e actividades utilizando para elo calquera medio de comunicación social.
TITULO II
DO GOBERNO DA FUNDACION
Artigo 10.- ORGANOS DE GOBERNO
O órgano supremo de Goberno, Administración e representación da Fundación é o PADROADO, que exercerá as funcións propias que a vixente lexislación lle atribúe e que estará formado polas persoas que comparezan na escritura fundacional..
O Padroado poderá delegar total o parcialmente as súas funcións, salvo as legalmente indelegábeis nunha Comisión Permanente, ou nunha o varias persoas físicas, sen prexuízo dos apoderamentos que no seu caso poida outorgar.
Artigo 11.- CARACTER DOS ORGANOS DE GOBERNO
Os Órganos de Goberno exercerán o seu cargo gratuitamente. Terán, non obstante, dereito, xustificándoo previamente, ao abonamento dos gastos que o exercicio do cargo lles produza, incluídos os da viaxe e maila estadía, para asistencia ás reunións ou a realización de misións relativas á Fundación que se lles encomenden.
Artigo 12.- COMPOSICION DO PADROADO
O Padroado estará composto polas NOVE ( 9 ) persoas que en nome da CORRIENTE SINDICAL GALLEGA DE ENERGIA ( CSGE ), formalicen a escritura fundacional. No futuro o número de membros poderá estar entre un máximo de ONCE e un mínimo de CINCO, fixando o número existente en cada momento o PADROADO. Terán esta mesma condición os que con posterioridade sexan admitidos por unanimidade dos compoñentes do Padroado. As persoas físicas que sexan admitidas, serano a título persoal.
Artigo 13.- CESE DOS MEMBROS DO PADROADO
Polas causas previstas legalmente, e especialmente por:
Acordo unánime dos restantes membros do Padroado, ante a imposibilidade de exercer o cargo.
Por renuncia.
En calquera dos supostos de cese procederase a substitución dos membros do Padroado.
Artigo 14.- PRESIDENTE DA FUNDACION
O Padroado elixirá do seu seo o Presidente e o Vicepresidente por unha maioría de dous terzos dos seus membros. A duración dos nomeamentos será de CATRO anos, podendo ser reelixidos.
Artigo 15.- REPRESENTACION DA FUNDACION
O Presidente ostentará a representación da Fundación, convocará as reunións do Padroado, presidiraas e dirixirá os debates e vixiará a execución dos acordos. En caso de ausencia do Presidente será substituído polo Vicepresidente
Artigo 16.- NOMEAMENTO DE OUTROS CARGOS DO PADROADO
O Padroado nomeará un Secretario, o cal redactará as Actas das reunións, custodiará os libros das mesmas, librará as certificacións e levará a correspondencia da Fundación co visto boo do Presidente e un tesoureiro que custodiará os fondos da Fundación, efectuará os pagos necesarios, preparará os balances e contas da Fundación así como os presupostos anuais. Para retirar fondos das contas da Fundación necesitaranse dúas sinaturas conxuntas de entre o tesoureiro, Presidente ou Vicepresidente.
Así mesmo, o Padroado poderá nomear un Consello Asesor da Fundación composto por personalidades de recoñecido prestixio no ámbito de actuación propio á Fundación.
Artigo 17.- REUNIONS DO PADROADO
O Padroado reunirase no domicilio social da Fundación cantas veces o estime oportuno o Presidente e cando menos catro veces ó ano, ou cando o soliciten polo menos tres membros do Padroado.
As reunións entenderanse validamente constituídas cando concorran a elas polo menos a metade máis un dos seus membros.
Artigo 18.- ADOPCIONS DE ACORDOS
Nas reunións do Padroado os acordos adoptaranse por maioría, e será dirimente en caso de Empate o voto de seu presidente.
Será necesario o voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes sempre que, ademais, supoña maioría absoluta do número dos seus membros, para adopción dos acordos en que así se establece expresamente no Regulamento de organización e funcionamento de Protectorado das Fundacións de Interese Galego.
Artigo 19.- FACULTADES DO PADROADO
-Exercer a inspección, vixilancia e orientación e velar polo cumprimento dos fins.
-Aprobar os programas periódicos de actuación e os presupostos.
-Instar do Protectorado o cambio de nome, traslado de domicilio e o establecemento de delegacións.
-Examinar o no seu caso aprobar, informe e balance anual, memoria sobre as actividades da
Fundación e contas anuais que teñen que ser sometidas ó Protectorado.
-Aprobar e modificar directrices de inversión.
-Ostentar a representación da Fundación en toda clase de relacións, actos e contratos.
-Aceptar as adquisicións de bens o de dereitos para a Fundación o para o cumprimento dun fin determinado dos comprendidos no obxecto da Fundación; efectuar toda clase de actos e contratos de adquisición, posesión, administración, enaxenación e gravame sobre bens mobles e inmobles, previa aprobación do Protectorado nos supostos que legalmente sexa necesario.
-Realizar toda clase de pagos, adeudos en contas e en xeral cumprimento de todo tipo de obrigas de conformidade coa finalidade da Fundación.
-Cobrar e percibir rendas, froitos e dividendos, intereses e utilidade dos bens que integran o Patrimonio da Fundación.
-Substituír ou delegar todas ou parte das facultades precedentes nunha ou varias persoas e sempre que esas facultades sexan delegabeis.
-Establecer o adecuado sistema de contabilidade.
-Outorgar poderes, promover, oporse, seguir y desistir nos procedementos ordinarios e especiais que sexan oportunos en defensa da Fundación.
-Aperturar contas a nome da Fundación
-Redactar un regulamento de réxime interior, que concrete e desenvolva os preceptos destes Estatutos.
-Calquera outra tendente a un mellor desenrolo e eficacia dos fins da Fundación.
TITULO III
REXIME ECONOMICO
Artigo 20.- CONSTITUCION DO PATRIMONIO DA FUNDACION
O patrimonio da Fundación pode estar constituído por toda clase de bens e dereitos, accións e obrigacións, sen excepción en canto a súa natureza e sen limitación na cuantía e radicación dos mesmos, dentro dos límites da Lei.
Artigo 21.- APORTACION INICIAL E APORTACIONS SUCESIVAS
Os bens e dereitos cos que a Fundación poderá contar para o cumprimento dos seus fins son os seguintes:
- a) A dotación inicial aportada pola Corriente Sindical Gallega de Energía.
- b) Axudas, legados, donacións de sociedades, institucións e organismos públicos e privados e persoas físicas.
- c) Os beneficios ou rendas dos bens da Fundación.
- d) Ingresos procedentes das actividades que poida desenrolar a Fundación.
- e) Apartacións de particulares.
Artigo 22.- APORTACION DE RECURSOS
Os Bens e rendas da Fundación se entenderán adscritos de maneira directa e inmediata, sen interposición de persoas, a realización dos fins da Fundación.
Artigo 23.- CONTABILIDADE
O Padroado establecerá a contabilidade da Fundación, de acordo coas prescricións legais aplicábeis, podendo desglosala como estime conveniente.
Artigo 24.- APROBACION DE CONTAS
A aprobación das contas compete exclusivamente ó Padroado.
Artigo 25.- RENDICION DE DOCUMENTACION O PROTECTORADO
Dentro do primeiro semestre de cada ano natural, o Padroado renderá ó Protectorado a documentación contable do exercicio anterior.
Artigo 26.-CUSTODIA DOS BENS
Para asegura-la garda dos bens constitutivos do Patrimonio da Fundación:
- a) Inscribiranse os bens inmobles e dereitos reais no Rexistro da Propiedade a nome da Fundación.
- b) Os valores mobiliarios depositaranse a nome da Fundación en establecementos bancarios polo Padroado.
- c) Os demais ben mobles, os resguardos de depósito e calesquera outro documento acreditativo de dominio, posesión, uso, desfrute ou calquera outro dereito de que sexa titular a Fundación serán custodiados polo Padroado ou persoa na que delegue.
- d) Tódolos bens da Fundación inventariaranse nun libro de rexistro de patrimonio no que se consignarán as circunstancias precisas para a súa identificación e descrición, e que estará a cargo do Padroado ou da persoa na que delegue.
TITULO IV
MODIFICACION DOS ESTATUTOS
Artigo 27.- MODIFICACION DE ESTATUTOS
O Padroado poderá instar a modificación dos presentes Estatutos sempre que resulte conveniente para os intereses da Fundación, ou varíen as circunstancias que presidiron a constitución daquela, aténdose ó procedemento legalmente establecido.
Artigo 28.- EXTINCION DA FUNDACION
O Padroado poderá propor ó Protectorado a extinción da Fundación, seguindo o procedemento previsto legalmente.
Artigo 29.- LIQUIDACION
No caso de que a Fundación non poida continua-lo desenvolvemento normal das súas actividades para alcanzalos fins propostos, o seu patrimonio pasará a depender da Executiva Confederal da CIG.
DISPOSICION ADICIONAL
En todo caso, o previsto nos presentes Estatutos non implican limitación ou substitución nas competencias que ó Protectorado atribúe a Lei 7/1983, do 22 de Xuño, e o Regulamento que a desenrola, e moi especialmente en relación coas autorizacións e comunicacións á que a Fundación somete expresamente. A interpretación do establecido nos Estatutos faranse en concordia co regulado en ditos textos legais, os cales serán así mesmo aplicables para o non previsto naqueles.