“ Premio Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo 2014”
BASES:
1.- Poderán concorrer tódolos grupos de investigación e investigadores das Universidades Galegas e persoas en xeral, residentes en Galicia.
2.- Os traballos non poderán estar sustentados economicamente por empresas ou institucións privadas ou públicas, e versarán sobre un tema relacionado con:
- Desenvolvemento, afondamento e divulgación dos valores do Sindicalismo.
- Estudo e investigación da Actividade Sindical en Galicia.
- Estudos Sociais, Laborais, Económicos, Xurídicos que investiguen na mellora das condicións laborais en Galicia.
- Investigación en temas laborais, económicos, sociais que afecten o interese galego
3.- O premio dótase con TRES MIL euros ( 3.000 euros ). Será único e indivisible, podéndose outorgar a un traballo realizado de forma individual ou en equipo.
Estará suxeito as vixentes retencións fiscais.
4.- Os participantes deberán responder da autoría, orixinalidade e carácter inédito do traballo presentado, asumindo as responsabilidades que procedan se, na súa elaboración, vulnéranse os dereitos de propiedade intelectual de terceiros.
- Os traballos, ( por duplicado exemplar ) presentaranse asinados con pseudónimo, e axuntarase en sobre aparte cerrado, os seguintes datos: Nome completo, NIF, enderezo e teléfono de contacto, e fotografía. Na parte exterior deste sobre farase constar o Título do traballo e o pseudónimo da sinatura. Os traballos que se presenten deberán ter unha extensión mínima de cen páxinas, en formato DIN A-4 e interlineadas a dobre espazo. Ademais axuntarase en soporte informático, con formato de ficheiro compatible con Office 2000,
5.1.- A Fundación resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados durante un ano a partir do fallo, indicando sempre os datos do autor/autores, renunciando os gañadores a calquera outra remuneración económica.
5.2.- O prazo de recepción de orixinais queda aberto dende a publicación desta convocatoria e remata sen prórroga, ás 14 horas do 16 de marzo de 2015, sendo válidos os recibidos posteriormente con esa data límite do envío de correos.
Os traballos enviaranse por correo certificado á seguinte dirección:
Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo
Gregorio Espino nº 47 Entrechán
36205 – Vigo
6.- O Xurado será designado polo Padroado da Fundación, quen resolverá antes do 31 de marzo de 2015. O fallo difundirase mediante nota de prensa remitida ás medios de comunicación pola Fundación e paxina webb, quen así mesmo llo comunicará ó gañador do Premio. O fallo será inapelable e poderá declararse deserto.
7.- A Fundación non devolverá os traballos non premiados, que serán destruídos despois de que se produza o fallo do xurado.
A participación neste Premio supón a aceptación íntegra das bases do mesmo, e a decisión do xurado, a quen corresponderá a interpretación das mesmas, será inapelable.
O Padroado da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo
Vigo, 18 de novembro de 2014